A soprano, instrumentista e musicóloga Esperanza Mara chega ao noso museo co seu espectáculo “Cantando o Camiño” onde achega as cantigas medievais ao público máis novo dun xeito entretido. O espectáculo inclúe pezas musicais interpretadas por ela mesma, nas que emprega réplicas de instrumentos da época, xunto con pequenas intervencións didácticas nas que se fala sobre o Camiño de Santiago e a lírica galaico-portuguesa.
COMO RESERVAR
Cubrindo o cuestionario que aparece PREMENDO AQUÍ
(lembre darlle a ENVIAR ao rematar de cubrir o cuestionario):
As persoas que teñan praza recibirán un mail do Museo do Mar de Galicia coas invitacións correspondentes (sen invitacións non se poderá acceder ao concerto)
Para máis información poden contactar co museo en info.museodomar@xunta.es ou no 986247750 en horario de apertura do museo.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar