O Museo do Mar de Galicia ten a sorte de contar ca actriz Larraitz Urruzola interpretando a Concepción Arenal, que cos títeres da súa saia-teatriño presenta momentos da súa mocidade e as súas fábulas. A pianista Merran Laginestra a acompaña en directo con temas populares e de Marcial de Adalid, compositor galego contemporáneo da escritora.
COMO RESERVAR
Cubrindo o cuestionario que aparece PREMENDO AQUÍ
(lembre darlle a ENVIAR ao rematar de cubrir o cuestionario):
As persoas que teñan praza recibirán un mail do Museo do Mar de Galicia coas invitacións correspondentes (sen invitacións non se poderá acceder ao concerto)
Para máis información poden contactar co museo en info.museodomar@xunta.es ou no 986247750 en horario de apertura do museo.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar