O Museo do Mar de Galicia súmase á celebración da NOITE BRANCA coa seguinte oferta de actividades:
De 20:00 a 00:00. Apertura de balde dos 2 edificios principais.
Todas as persoas que se acheguen ao museo nese horario poderán visitalo totalmente gratis, excepto o acuario, que permanecerá pechado nese horario por medidas de seguridade por mor do covid-19.
Concerto de Momboi
Grupo noiés que fusiona pop, rock e folk e que tamén bebe dos ritmos latinos, así como da tradición galega e incluso do flamenco, Momboi crea un universo imaxinativo nas súas letras, que van desde o ancestral e o espiritual ao amor e as relacións humanas.
COMO RESERVAR
Cubrindo o cuestionario que aparece PREMENDO AQUÍ
(lembre darlle a ENVIAR ao rematar de cubrir o cuestionario):
As persoas que teñan praza recibirán un mail do Museo do Mar de Galicia coas invitacións correspondentes (sen invitacións non se poderá acceder ao concerto)
Para máis información poden contactar co museo en info.museodomar@xunta.es ou no 986247750 en horario de apertura do museo.
Espectáculo familiar de Títeres Cachirulo. “Camiño de aventuras”
Xan Laranxal e a macaquiña Kiku presentan unha gran aventura que comezou hai cincocentos anos, máis ou menos, cando, nun lugar do camiño, Gaiferos se atopou co Demo, que o desafiou ao xogo da Oca.
Neste espectáculo poderán ver demos, peregrinas, bruxas, príncipes, princesas e unha morea de divertidos personaxes.
COMO RESERVAR
Cubrindo o cuestionario que aparece PREMENDO AQUÍ
(lembre darlle a ENVIAR ao rematar de cubrir o cuestionario):
As persoas que teñan praza recibirán un mail do Museo do Mar de Galicia coas invitacións correspondentes (sen invitacións non se poderá acceder ao concerto)
Para máis información poden contactar co museo en info.museodomar@xunta.es ou no 986247750 en horario de apertura do museo.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar