• gl



“Somos criminais” con Carlos Blanco e Xosé Touriñán no Museo do Mar de Galicia

Cando: sábado 2 xaneiro 2021
Hora: 17:30 e 20:00 h
Onde: Museo do Mar de Galicia (Avda. Atlántida, 160, 36208. Vigo)
Prezo: Gratis

CON RESERVA PREVIA DE INVITACIÓNS

Enviando un mail a info.museodomar@xunta.es, no que deberán indicar:

  • Nome e apelidos da persoa que fai a reserva:
  • N.º de teléfono:
  • Nº de reservas (máximo 4):
  • Nome das persoas acompañantes:
  • Horario de escollido para asistir (17:30 ou 20:00):

OLLO: Necesitan a invitación do museo para poder entrar, o museo enviará esta invitación uns días antes do espectáculo.

Carlos Blanco e Xosé Touriñán traerán ao noso museo dous pases especiais do espectáculo co que encheron os teatros de todo o país.

Temos unha cultura criminal propia? Delinquimos como galegos? Para responder a estas pregunta estes dous grandes da comedia analizan e dramatizan crimes autóctonos en todas as súas variables.

Unha función adaptada ao espazo e condicións actuais, que non so chegará ás persoas que ocupen o aforo do museo senón que se gravará para que a través das redes do museo poda reproducirse con posterioridade para todas aquelas persoas que non consigan entrada (iremos informando)


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar