• gl



“Beben C@ntan” espectáculo para pequenos/as de Pablo Díaz

No Museo do Mar de Galicia: sábado 26 decembro 2020 ás 17:30 h

No Centro Arqueolóxico do Areal Salinae: sábado 26 decembro 2020 ás 12:00 h

Dirixido a: Familias con nenos/as ata 3 anos

AFORO LIMITADO. CON RESERVA PREVIA

En Beben C@ntan Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequen@s. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica, e interpretará algún dos seus temas máis populares.

Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión sexan as protagonistas, e na que grandes e miúdos axuden a cantar e a entoar as melodías e retrousos dos contos e cancións.

ENTRADAS:

  • A entrada é de balde con reserva previa
  • Máximo 4 participantes por reserva (non máis de 2 adultos por reserva)
  • OLLO! Necesitan a confirmación do museo para poder entrar, sen confirmación do museo non hai entrada. O museo enviará esta confirmación uns días antes do espectáculo

RESERVAS.

Enviando un mail a info.museodomar@xunta.es, no que deberán indicar:

  • Nome e apelidos da persoa que fai a reserva:
  • N.º de teléfono:
  • N.º adultos/as participantes:
  • N.º de nenos/as participantes e idades:
  • Lugar e hora na que están interesados/as (Centro Arqueolóxico do Areal Salinae” ás 12:00 ou Museo do Mar de Galicia ás 17:30h):

Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar