• gl



Os Bolechas no Museo do Mar de Galicia

CANDO: Os días 23 e 30 de decembro
HORARIO: Entre 16:30 e 18:30
LUGAR: Zonas de acceso gratis do Museo do Mar de Galicia

Os días 23 e 30 de decembro entre 16:30 e 18:30 teremos a esta popular familia nas nosas instalacións.

Os bonecos corpóreos estarán polas zonas de acceso gratis do noso museo para saudar a toda a rapazada que se achegue e compartirán unha divertida tarde de Nadal con todas as familias que o desexen.

Ven a pasalo ben cos Bolechas este Nadal no Museo do Mar de Galicia!

IMPORTANTE
Non esquezades as vosas máscaras sanitarias e lembrade sempre manter a distancia de seguridade coas outras familias.

Teredes tempo suficiente para ver aos Bolechas, así que sen presa e respectando as normas sempre. Hai que ter #sentidiño


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar