• gl



ACTIVIDADES DE NADAL 2020

Este Nadal o noso museo quere celebralo dun xeito distinto.

Queremos que nos axudedes a montar a nosa árbore con adornos reciclados feitos por vos mesmos/as, así que, nenos e nenas, necesitamos que nos traiades eses adornos para enchela árbore e ensinar que é posible decorar sen apenas gastar, empregando o que hai na casa.

E tamén queremos que, todas as familias que se acheguen ao noso museo, teñan a oportunidade de coñecelo dun xeito entretido e diferente, sen horarios, ao seu aire, e para iso montamos un pequeno xogo de pistas, que simplemente tedes que solicitar en recepción…ahh e traer un lapis!

E o mellor de todo é que as familias que participen en calquera das dúas cousas terán premio seguro!! Animádevos a participar e descubrir o premio que vos espera.

Podedes premer AQUÍ para ver as actividades

A partir de mañá no horario de apertura do museo podedes vir cando queirades (premer aquí para ver o HORARIO)

Ademais teremos outras actividades que iremos descubrindo na web e redes sociais ao longo do Nadal, así que permanecede atentos/as


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar