• gl



XAVIER DÍAZ. Obradoiro de pandeireta e pequeno concerto didáctico. No Museo do Mar de Galicia

Ven ao noso museo a aprender técnicas de pandeireta xunto cun repertorio tradicional deste instrumento da man de Xabier Díaz, recoñecido e galardoado músico galego, un dos grandes da música tradicional galega actualmente, quen ademais ten unha ampla experiencia no mundo da docencia relacionada cos instrumentos de percusión tradicional.

Cando: Sábado 21 novembro 2020

Horario:

  • 1º quenda 11:00 a 14:00
  • 2º quenda: 17:00 a 20:00

Entrada: GRATIS con reserva previa

Requisitos para participar:

  • Nivel de coñecementos intermedio- avanzado
  • Idade a partir de 16 anos

COMO FACER A RESERVA.

Enviando un mail a info.museodomar@xunta.es, no que deberán indicar:

  • Nome e apelidos da persoa que solicita participar:
  • N.º de teléfono:
  • Horario da quenda na que se quere anotar:
  • Nivel de coñecementos:

Importante para reservar:

  • Máximo 1 participante por reserva
  • As quendas da mañá e da tarde teñen o mesmo contido, teñen que anotarse a unha ou a outra
  • OLLO! Necesitan a confirmación do museo para poder participar, sen ela non poderán acceder ao obradoiro. O museo enviará esta confirmación uns días antes do concerto por mail


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar