• gl



CANTAS VERBAS. Música e poesía no Museo do Mar de Galicia

CANDO: O venres 2 de outubro ás 20:00
ONDE: 2º edificio do Museo do Mar de Galicia

Entrada gratis con inscripción previa na plataforma Reservas.gal

*As entradas estarán dispoñibles a patir do venres 25 de setembro ás 12 do mediodía.

CANTAS VERBAS forma parte do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 financiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellería de Cultura.

Este espectáculo vai revisar a nosa tradición poética e musical dende a contemporaneidade a través de tres propostas escénicas e musicais de calidade: Aldaolado, Faia e Laura LaMontagne & PicoAmperio.

Aldaolado son Lucía Aldao e María Lado, dúas poetas de consolidada carreira que apostan pola poesía escénica, facendo do recital un acto atractivo, próximo e divertido para todo tipo de público, mesmo para aquel que non le poesía.

Faia Díaz presenta ‘Ao cabo leirín’, un traballo de investigación do cancioneiro tradicional transmitido por mulleres que, baixo unha mirada contemporánea, logra unir o canto e os
espazos sonoros atemporais que o rodean, dende a esquina solitaria da taberna ao calor dunha lareira.

Laura LaMontagne & PicoAmperio. Fan poesía propia e adaptacións de Rosalía de Castro, Lorca, Pessoa, Martín Códax nunha mestura da tradición e a realidade maquinal e tecnolóxica para contar historias utilizando tamén creacións audiovisuais de abstracción cibernética.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar