• gl



“Os Bolechas e a porta dos Camiños”

Cando: 19 setembro 2020
Hora: 12 h
Onde: Na sala de de exposicións temporais do 1º edificio do Museo do Mar de Galicia (Avda Atlántida, 160. Vigo)

Os populares personaxes da literatura infantil galega creados por Pepe Carreiro veñen ao noso museo para facernos vivir unha nova aventura chea de diversión.
Nesta ocasión preséntanlles a Haker Mater, un programador informático que está poñendo a punto a ‘Porta dos Camiños’, unha máquina que lles axuda a elixir un dos moitos Camiños de Santiago ás persoas que queren peregrinar pero non saben por que vía facelo. Coa axuda do público conseguirán non só facer funcionar a Porta dos Camiños senón aprender unha chea de cousas sobre algunhas das principais vías de peregrinación.

ENTRADAS:

  • A entrada é de balde con reserva previa
  • Máximo 4 participantes por reserva (non máis de 2 adultos por reserva)
  • OLLO! Necesitan a confirmación do museo para poder entrar, sen confirmación do museo non hai entrada. O museo enviará esta confirmación uns días antes do espectáculo

RESERVAS.

Enviando un mail a info.museodomar@xunta.es, no que deberán indicar:

  • Nome e apelidos da persoa que fai a reserva:
  • N.º de teléfono:
  • N.º adultos/as participantes:
  • N.º de nenos/as participantes:
  • Alguha persoa á que non lle sexa posible sentarse no chan?, indique cantas:

MEDIDAS DE SEGURIDADE.

  • Non se poderá acceder sen máscara sanitaria e deberán mantela ben posta durante todo o espectáculo.
  • A entrada farase pola recepción do museo, despacho de billetes nº 1, a partir das 11:45. Ahí deberán ensinar a confirmación da reserva que lle envíe o museo, se lles medirá a temperatura e poderán poñerse xel hidroalcohólico, todo se contacto.
  • A cada familia asiganaráselle un espazo previamente, no que deberán permanecer sentados/as durante o espectáculo, sen mudar de sitio.
  • Os espazos son cadrados marcados no chan da sala, se algún adulto ten problemas para sentar no chan debe indicalo na solicitude de reserva, para que se poda ver a posibilidade de colocarlle unha cadeira nun lateral da sala, se non o indican no momento da reserva non terán opción a sentarse nunha cadeira.
  • Tanto a entrada como a saída deberá facerse de xeito ordenado, os espazos estarán numerados e asignados previamente.
  • Non se poderá pisar dentro dos cadrados marcados no chan, soamentes a familia que teña ese cadrado asignado poderá pisalo no momento de sentarse.

Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar