Cando: 15 agosto 2020
Hora: 12 h
Onde: Na sala de de exposicións temporais do 1º edificio do Museo do Mar de Galicia (Avda Atlántida, 160. Vigo)
Idades recomendadas: de 1 a 8 anos
Duración aproximada: 40 minutos
Espectáculo teatral, de contos e monicreques, dirixido ao público infantil e familiar, protagonizado polo muppet Roque e a actriz Andrea Bayer.
Andrea ea ea ven de facer o camiño de Santiago e está emocionada con todo o que aprendeu, coñeceu xente de diferentes lugares da Galiza que lle aprenderon xogos de mans, cantigas, poemas.. e contos, moitos contos e historias que se contan no camiño, así que Andrea ven disposta a aprenderlle a Roque todos eses xogos.
ENTRADAS:
- A entrada é de balde con reserva previa
- Máximo 4 participantes por reserva (non máis de 2 adultos por reserva)
- OLLO! Necesitan a confirmación do museo para poder entrar, sen confirmación do museo non hai entrada. O museo enviará esta confirmación uns días antes do espectáculo
RESERVAS.
Enviando un mail a info.museodomar@xunta.es, no que deberán indicar:
- Nome e apelidos da persoa que fai a reserva:
- N.º de teléfono:
- N.º adultos/as participantes:
- N.º de nenos/as participantes:
- Alguha persoa á que non lle sexa posible sentarse no chan?, indique cantas:
MEDIDAS DE SEGURIDADE.
- A entrada farase pola recepción do museo, despacho de billetes nº 1. Ahí deberán ensinar a confirmación da reserva que lle envíe o museo.
- Non se poderá acceder sen máscara sanitaria e deberán mantela ben posta durante todo o espectáculo.
- A cada familia asiganaráselle un espazo previamente, no que deberán permanecer sentados/as durante o espectáculo, sen mudar de sitio.
- Os espazos son cadrados marcados no chan da sala, se algún adulto ten problemas para sentar no chan debe indicalo na solicitude de reserva, para que se poda ver a posibilidade de colocarlle unha cadeira nun lateral da sala, se non o indican no momento da reserva non terán opción a sentarse nunha cadeira.
- Tanto a entrada como a saída deberá facerse de xeito ordenado, os espazos estarán numerados e asignados previamente.
- Non se poderá pisar dentro dos cadrados marcados no chan, soamentes a familia que teña ese cadrado asignado poderá pisalo no momento de sentarse.