• gl



CICLO DE CONCERTOS “O Son de Cuba. De La Habana a Vigo”

CANDO: xoves 18 e 25 de xuño e xoves 2 e 9 de xullo de 2020
HORA: 20:30 horas
ONDE: Plaza do Castro do Museo do Mar de Galicia

ENTRADA DE BALDE

Durante catro xoves consecutivos o Museo do Mar de Galicia vai contar como complemento á exposición temporal do artista cubano Nelson Villalobos, cun pequeno ciclo de concertos a cargo do grupo “Pedro Campos y convergencia”.

Este grupo de música tradicional cubana é o resultado do chamamento do musicoterapeuta Pedro Campos a tres dos seus compañeiros, todos afincados en Galicia e todos integrantes do grupo “David Álvarez y juego de manos”, grupo que xusto este xoves cumpriría 25 anos dende a súa chegada a España.

Pedro Campos, Jorge González, Jose Ángel Pérez e Juan Pérez Villavicencio uniranse de novo para deleitarnos durante unha hora aproximadamente coas súas versións de música tradicional cubana.

O concerto terá lugar na Praza do Castro, e dispoñeranse 20 cadeiras para que as persoas asistentes que o precisen podan sentarse cumprindo as normas de seguridade e hixiene actuais.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar