• gl



Dedicado a Staffan Mörling.

Fai unha semana faciámonos eco nas redes socias da triste noticia do falecemento de Staffan Mörling e hoxe, xa estabilizados nos nosos postos de traballo e abertos ao público, dende o noso museo queremos dedicarlle unhas palabras.

O pasamento de Staffan Mörling tingue de negro as velas de todas as dornas galegas. A casualidade fixo que nacera en Suecia pero a súa alma arraigou para sempre en Galicia onde deixa unha pegada moi profunda. Formado na universidade de Lund realiza os seus primeiros estudos antropolóxicos nas Illas Feroe. A súa curiosidade pola relación entre as embarcacións nórdicas e as construídas a tingladillo no sur de Europa, o achegan a nosa terra nos anos 60. A illa de Ons se converte primeiro no seu campo de estudo, logo en refuxio e pouco despois no seu fogar. Os seus estudos nas décadas seguintes serán o xerme e referencia ineludible da recuperación da nosa memoria marítima, e a súa obra “Lanchas and dornas; cultural stability and boatshape on the west coast of Galicia” un referente bibliográfico internacional. A bo seguro que dende esta illa máxica viaxa ao Valhalla a lomos da súa ben querida dorna.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar