A Fundación Museo do Mar de Galicia ven a convocar na súa rede social de Instagram un concurso de fotografía, é un concurso con carácter semanal para maiores de 16 anos.
COMO PARTICIPAR:
1- Debes ser ou facerte seguidor/a da conta de Instagram do Museo do Mar de Galicia (museodomardegalicia)
2- Buscar fotografías que mostren o Museo do Mar de Galicia, xa sexa o seu interior, unha peza ou algún dos seus edificios.
3- Compartir unha fotografía co hashtag #concursoMdoMdendecasa e nomear a @museodomardegalicia.
PREMIO:
- Publicación nas 3 redes sociais do museo da fotografía (Facebook, Instagram e Twitter), nomeando á persoa gañadora, usando o nome que utilicen en Instagram.
- 2 entradas gratis ao Museo do Mar de Galicia.
- 1 bolsa de liño e 1 caderno de merchandising do museo.
IMPORTANTE:
- As fotografías publicaranse de luns a sábado e o domingo sobre as 18h anunciarase á persoa gañadora.
- Cada participante poderá participar con tantas fotos como desexe, aínda que só poderá subir unha por semana.
- Non se admitirán participacións cuxas imaxes ou comentarios poidan ferir a sensibilidade do público, infrinxan as normas de instagram ou non se consideren apropiadas para a imaxe do Museo do Mar de Galicia.
-Se un participante ten a súa conta de Instagram configurada como privada, a súa participación non poderá ser monitorada pola organización.
BASES COMPLETAS CLICKANDO AQUÍ
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar