• gl



ACTIVIDADES DIDÁCTICAS PARA ESCOLARES NO CENTRO ARQUEOLÓXICO DO AREAL "SALINAE". CURSO 2016/2017

Aquí deixamos a nova oferta de actividades didácticas para escolares no Centro Arqueolóxico do Areal “Salinae, para o curso 2016-2017, esperamos que veñan a disfrutalas

DE 2º CICLO DE PRIMARIA A BACHARELATO

CONDICIÓNS:

  • Datas: de martes a venres
  • Horario: a partir das 11 h
  • Duración: 60 min. aproximadamente
  • Nº participantes:
    25 máximo por visita
    50 máximo por día
  • Nº acompañantes obrigatorios: 1
  • IMPORTANTE: para máis de 25 participantes deberán dividirse en 2 grupos e entrar en horas diferentes

“ Descubrido Salinae”. Visita guiada especial a esta fermosa salina romana, e dicimos especial porque irá acompañada de réplicas e outros obxectos de interese que farán a visita máis entretida e didáctica para o seu alumnado.

DE 5º DE PRIMARIA A BACHARELATO

CONDICIÓNS:

  • Datas: de martes a venres
  • Horario: a partir das 11 h
  • Duración: 90 min. aproximadamente
  • Nº participantes: 25 por día
  • Nº acompañantes obrigatorios: 1

“Os sabores de Roma”. Viaxe no tempo empregando a arqueoloxía, e esta salina en concreto, como medio para descubrir e recrear diferentes aspectos da alimentación en época romana.
A través de módulos interactivos e participativos, repletos de réplicas e obxectos orixinais daremos resposta a unhas cantas cuestións relacionadas coa cociña e os alimentos en época romana.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar