• gl



ACTIVIDADES DIDÁCTICAS PARA ESCOLARES NO MUSEO DO MAR DE GALICIA. CURSO 2016/2017

Aquí deixamos a nova oferta de actividades didácticas para escolares no Museo do Mar de Galicia, para o curso 2016-2017, esperamos que veñan a disfrutalas

DE 2º CICLO DE INFANTIL A 1º CICLO DE PRIMARIA

CONDICIÓNS:

  • Datas: de martes a venres
  • Horario: 10 h. ou 12 h.
  • Duración: 60 min. aproximadamente
  • Nº participantes: máximo 50
  • Nº acompañantes obrigatorios:
    ata 25 participantes: 2
    máis de 25 participantes: 3

“A Casa dos vellos mariñeiros”. Nesta actividade os participantes transformaranse en pequenos mariñeiros e internaranse no particular mundo da cultura tradicional mariñeira de Galicia; vivirán unha experiencia que lles permitirá coñecer e practicar distintos medios de pesca, navegación e crenzas propias da cultura mariñeira e, ademais, visitarán o acuario onde se lles contará unha lenda mariñeira e descubrirán algúns dos segredos que gardan os peixes e outros seres mariños que alí se atopan.

“As aventuras de Marcus o mercador romano”.Con Marcus os participantes viaxarán no tempo para coñecer dun xeito divertido a cultura galaico-romana.
Para elo alguén se transformará no rico mercador romano Marcus, outro nun lexionario, e outra nunha guerreira castrexa, e así, acompañados por estes personaxes comprenderán moito mellor como vivían estas xentes.
Ademais visitarán o acuario onde grazas as aventuras de Marcus coñecerán a lenda de como o mar se fixo salgado.

“Jasón o tiburón” Durante esta actividade os participantes coñecerán o segredo que gardan os tiburóns e as raias do noso acuario.
Poderán ver e tocar dentes, coiros, mandíbulas e ovos destas especies, e edscubrir cousas sobre estas especies que os deixará abraiados. Ademais se lles contará un contacontos que non esquecerán.

DE 2º CICLO DE PRIMARIA A 2º DA ESO

CONDICIÓNS:

  • Datas: de martes a venres
  • Horario: 10 h. ou 12 h.
  • Duración: 90 min. aproximadamente
  • Nº participantes: máximo 50
  • Nº acompañantes obrigatorios:
    ata 25 participantes: 1
    máis de 25 participantes: 2
  • IMPORTANTE: No caso de acudir con máis de 25 participantes, teñen que dividirse en 2 grupos e escoller unha actividade diferente para cada grupo.

“Viaxe ao mundo submariño”. Nesta actividade coñeceremos e as distintas formas empregadas polos seres humanos ao longo do tempo para conquistar o mundo submarino, coñeceremos as técnicas empregadas xa en Roma para somerxerse nas profundidades e iremos vendo como estas evolucionaron co paso do tempo; experimentaremos o que supoñía ser un submarinista no S. XIX, veremos que ocorre cos gases que se respiran nas profundidades do mar, entre outras cousas máis.

“Coñecendo a cultura tradicional mariñeira”. Durante esta aventura os participantes transformaranse en auténticos mariñeiros tradicionais e experimentarán por eles mesmos diversos aspectos da vida destas xentes: cazarán unha balea, pescarán con diferentes técnicas, levarán un bote como auténticos mariñeiros; ademais visitarán o acuario, onde coñecerán algunhas das especies que se pescaban coas técnicas aprendidas.

“Arqueoloxía. Unha ciencia por descubrir”. Aproveitando o castro que temos parcialmente escavado e musealizado no museo vamos a converter aos participantes desta actividade en verdadeiros arqueólogos; coñecerán directamente como é o traballo no mundo da arqueoloxía, e para elo, entre outras cousas, realizarán unha escavación arqueolóxica fielmente simulada, con pezas orixinais e réplicas exactas, e ademais analizarán os resultados nun laboratorio, onde descubrirán algunha que outra sorpresa.

DE 2º DA ESO A BACHARELATO

CONDICIÓNS:

  • Datas: de martes a venres
  • Horario: 10 h. ou 12 h.
  • Duración: 90 min. aproximadamente
  • Nº participantes: máximo 50
  • Nº acompañantes obrigatorios: ata 25 participantes: 1 máis de 25 participantes: 2
  • IMPORTANTE: No caso de acudir con máis de 25 participantes, teñen que dividirse en 2 grupos e escoller unha actividade diferente para cada grupo.

“O planeta azul. Historia da ciencia e o mar”. Os participantes nesta actividade explorarán a sala de oceanografía onde se lles desvelarán algunhas das preguntas que xa dende a antigüidade se facían os seres humanos sobre o gran mundo dos océanos. Entre outras cousas coñecerán a Darwin e o Beagle, a Linneo, empregarán o primeiro microsáisopio coñecido e verán por si mesmos a vida máis pequena que existe no mar.
Todo iso e moito máis os achegará ao mundo dos océanos dende o punto de vista dos científicos que intentaron descubrir os seus misterios.

“Coñecendo a cultura tradicional mariñeira”. Durante esta aventura os participantes transformaranse en auténticos mariñeiros tradicionais e experimentarán por eles mesmos diversos aspectos da vida destas xentes: cazarán unha balea, pescarán con diferentes técnicas, levarán un bote como auténticos mariñeiros; ademais visitarán o acuario, onde coñecerán algunhas das especies que se pescaban coas técnicas aprendidas.

“Arqueoloxía. Unha ciencia por descubrir”. Aproveitando o castro que temos parcialmente escavado e musealizado no museo vamos a converter aos participantes desta actividade en verdadeiros arqueólogos; coñecerán directamente como é o traballo no mundo da arqueoloxía, e para elo, entre outras cousas, realizarán unha escavación arqueolóxica fielmente simulada, con pezas orixinais e réplicas exactas, e ademais analizarán os resultados nun laboratorio, onde descubrirán algunha que outra sorpresa.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar