• gl



ACTIVIDADES DE VERÁN 2013

Actividades de verán para todo tipo de público no Museo do Mar de Galicia do 1 de xullo ao 15 de setembro. VEN A APRENDER DIVERTÍNDOTE!

Do 1 de xullo ao 15 de setembro o Museo do Mar de Galicia vai a ofrecer a todas aquelas persoas que desexen pasar a mañá connosco toda unha serie de experiencias didácticas onde poderán vir a divertirse e aprender.

As nosas actividades están dirixidas a todo tipo de público, xa sexan pequenos ou maiores, e calquera tipo de grupo pode participar (grupos de persoas con necesidades especiais, 3º idade, amigos, familias… ), o único que teñen que ter en conta son os límites de idade que hai establecidos para cada tipo de experiencia e que todas as actividades requiren reserva previa, pois as prazas son limitadas!

Así que animádevos a chamar e reservar para vivir distintas experiencias no noso museo este verán

CONSULTA AQUÍ AS ACTIVIDADES

  • Teléfono: 986247750
  • mail: info.museodomar.xunta.gal
  • Horario para reservas: de martes a venres de 11 a 14h e de 17 a 20 h

Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar