• gl



VIVE O NADAL NO MUSEO DO MAR

Este Nadal queremos que todas aquelas persoas que o desexen podan disfrutar connosco de novas e sorprendentes actividades.
Teremos dous tipos actividades para o fin de semana, unha delas para os máis pequenos da casa, actividades nas que poderán disfrutar dun día diferente coa familia, cos amigos ou de forma individual.
E tamén teremos actividades para grupos durante a semana, nas que os únicos requisitos serán ser maior de 7 anos e formar un grupo de 4 ou máis persoas.

Con reserva previa: chamando ao teléfono 986247750 de martes a domingo de 10 a 14 h e de 17 a 19 h.

ACTIVIDADES DE FIN DE SEMANA

No MUSEO DO MAR (Avda. Atlántida, 160. Vigo)

“Arredor do mar. Unha visión diferente.”
Esta actividade permitirá aos visitantes ver con novos ollos a exposición temporal de fotografía que actualmente temos nas nosas instalacións, pois, entre outras, cousas poderán coñecer parte da historia da fotografía e as súas técnicas.

  • Do 15 de decembro ao 5 de xaneiro.
  • Sábados ás 12:00 e ás 17:30 h.
  • Duración 1 h. aprox.
  • Menores a partir de 8 anos e sempre acompañados dunha persoa adulta.

CONTACONTOS no ACUARIO “A lenda dos Mariño”
Nesta actividade sumerxiremos aos máis pequenos no fondo do mar, onde lles contaremos unha lenda mariñeira e presentaremos aos habitantes do noso acuario.

  • Do 15 ao 30 de decembro.
  • Domingos ás 12:00 h.
  • Duración 45 min. aprox.
  • Menores de 3 a 7 anos e sempre acompañados dunha persoa adulta.

ACTIVIDADES PARA GRUPOS:

No MUSEO DO MAR (Avda. Atlántida, 160. Vigo)

“Coñecendo a cultura tradicional mariñeira”.
As persoas que participen nesta actividade, ademais de ser guiadas por parte da
exposición permanente, terán a oportunidade de experimentar por sí mesmas o que
supoñía ser un mariñeiro tradicional, realizando actividades deseñadas para pasar un rato divertíndose e aprendendo a valorar e admirar o noso rico patrimonio cultural mariñeiro (pescarán con rede e fisga, cazarán baleas, orientarse no mar cunha pedra e un pouco de sebo, etc.)

No CENTRO DE INTERPRETACIÓN ARQUEOLÓXICA DO AREAL “SALINAE” (r/ Rosalía de Castro, nº 21-23. Vigo)

“Escavando en Salinae”.
Actividade sobre arqueoloxía en época romana. Os grupos poderán disfrutar dunha visita guiada polo centro de interpretación, para despois convertirse en verdadeiros arqueólogos, realizarando unha excavación rigurosa, á par que divertida, e analizando as mostras obtidas no laboratorio para ver que historias nos contan; e para rematar cun bo sabor de boca faremos unha pequena introducción á cultura gastronómica romana.

  • Do 26 de decembro ata o 4 de xaneiro.
  • De martes a venres ás 12 h.
  • Duración 1 h e 30 min aprox.
  • Menores a partir de 8 anos e sempre acompañados dunha persoa adulta.

Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar