Resolución de adxudicación provisional do contrato para o servizo de asistencia técnica para o mantemento de organismos e instalacións do Acuario do Museo do Mar de Galicia


O órgano de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, dacordo co establecido nas Instruccións Internas de Contratación aprobadas polo Padroado de 26 de xuño de 2008 , vistas as ofertas presentadas a licitación e o informe de valoración de ofertas,

RESOLVEU

  1. Adxudicar provisionalmente o citado contrato á empresa ALIART ENGINEERING, S.L., con CIF B-62208988 e por un importe de CATROCENTOS VINTENOVE MIL EUROS (429.00,00 euros) que co IVE correspondente ascende a un total de CATROCENTOS NOVENTA E SETE MIL SEISCENTOS CORENTA EUROS ( 497.640,00 euros), IVE incluido.
  2. Establecer como prazo máximo de execución do contrato o 31 de decembro de 2010.
  3. Ordenar a notificación da adxudicación provisional aos ofertantes e a publicación no perfil do contratante.

Vigo, a 19 de decembro de 2008

O Secretario da Fundación
Xose Carlos Sierra Rodriguez




Museo do Mar de Galicia.