Resolución de adxudicación definitiva do contrato de xestión e desenvolvemento do programa didáctico e educativo do Museo do Mar de Galicia. Expte SER/08/86


Con data 21 de outubro de 2008 o Director do Museo do Mar de Galicia resolveu adxudicar provisionalmente o contrato de servizo de xestión e desenvolvemento do programa didáctico e educativo do Museo do Mar de Galicia, por procedemento aberto, a favor da empresa VAN DIVULGACIÓN CULTURAL S.L.

Dende a publicación o día 21 de outubro no perfil do contratante da Resolución da adxudicación provisional, deuse un prazo de tres días hábiles establecido no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, para presentar a documentación correspondente e poder efectuar a elevación a definitiva.

Unha vez comprobada a presentación da devandita documentación en tempo e forma, en nome do Padroado da Fundación Museo do Mar de Galicia e no uso das facultades que para esta contratación me atribúe o Acordo do Padroado de delegación de funcións de 26 de xuño de 2008, e en cumprimento do disposto no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación

Resolvo:

  1. Elevar a definitiva a adxudicación do citado contrato a favor da empresa VAN DIVULGACIÓN CULTURAL S.L., con CIF B-36917201 e por un importe de CENTO DEZASETE MIL SETECENTOS CINCUENTA EUROS (117.750 euros) que co IVE correspondente ascende a un total de CENTO TRINTA E SEIS MIL CINCOCENTOS NOVENTA EUROS ( 136.590 euros), IVE incluido.
  2. Establecer como prazo máximo de execución do contrato o 31 de agosto de 2010.

O contrato deberá formalizarse dentro do prazo máximo de 10 dias contados a partir do seguinte ao da notificación da adxudicación, previo cumprimento das obrigas previas establecidas nos Pregos de Clausulas Administrativas e prescicións tecnicas, e elevaráse a escritura pública cando o solicite o contratista, sendo á súa costa os gastos derivados do seu outurgamento.

A presente resolución será notificado ao adxudicatario definitivo e aos licitadores. Asimesmo, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 62 das Instruccions de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia.

Vigo, a 25 de outubro de 2008

Pablo Carrera López
Director do Museo do Mar de Galicia




Museo do Mar de Galicia.