Resolución de elevación a definitiva da adxudicación provisional. Expte SER/09/0012


Contratación do servizo de limpeza do Museo do Mar de Galicia, polo periodo de dous anos.

Con data 22 de maio de 2009 o Órgano de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia resolveu adxudicar provisionalmente o contrato para o servizo de limpeza dos edificios e instalacións do Museo do Mar de Galicia, por procedemento aberto, a favor da empresa LIMPIADORES ESPECIALISTAS INTEGRADOS S.L.
Dende a publicación o día 25 de maio no perfil do contratante da Resolución da adxudicación provisional, deuse un prazo de tres días hábiles establecido no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, para presentar a documentación correspondente e poder efectuar a elevación a definitiva.
Unha vez comprobada a presentación da devandita documentación en tempo e forma, o Órgano de contratación da Fundación e, en cumprimento do disposto no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación

RESOLVE:

  1. Elevar a definitiva a adxudicación do citado contrato a favor da empresa LIMPIADORES ESPECIALISTAS INTEGRADOS S.L., con CIF B-36935859 e por un importe de CENTO SETENTA E CATRO MIL TRESCENTOS ONCE EUROS CON NOVENTA E UN CENTIMOS (174.311,91 euros) que co IVE correspondente ascende a un total de DOUSCENTOS DOUS MIL DOSCENTOS UN EUROS CON OITENTA E UN CENTIMOS ( 202.201,81 euros), IVE incluido.
  2. Establecer como prazo do contrato o de DOUS ANOS.

O contrato deberá formalizarse dentro do prazo máximo de 10 dias contados a partir do seguinte ao da notificación da adxudicación, previo cumprimento das obrigas previas establecidas nos Pregos de Clausulas Administrativas e prescicións tecnicas, e elevaráse a escritura pública cando o solicite o contratista, sendo á súa costa os gastos derivados do seu outurgamento.

A presente resolución será notificada ao adxudicatario definitivo e aos licitadores. Asimesmo, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 62 das Instruccions de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia.

Vigo, a 29 de maio de 2009.

O Director
Pablo Carrera López




Museo do Mar de Galicia.