Resolución de elevación a definitiva da adxudicación provisional. Expte SUM/09/0017


Construcción dun modelo a escala do Beagle.

Con data 23 de maio o Órgano de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia resolveu adxudicar provisionalmente o contrato para a construcción dun modelo a escala do Beagle a favor de D. Francisco Fra Rico.

Dende a publicación o día 25 de maio no perfil do contratante da Resolución da adxudicación provisional, deuse un prazo de tres días hábiles establecido no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, para presentar a documentación correspondente e poder efectuar a elevación a definitiva.
Unha vez comprobada a presentación da devandita documentación en tempo e forma, o Órgano de contratación da Fundación e en cumprimento do disposto no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación

RESOLVE:

  1. Elevar a definitiva a adxudicación do citado contrato a favor de D. Francisco Fra Rico e por un importe de CORENTA E NOVE MIL TRESCENTOS EUROS (49.300,00 euros) que co IVE correspondente ascende a un total de CINCUENTA E SETE MIL DOUSCENTOS CORENTA E SEIS EUROS, IVE incluido.
  2. Establecer como prazo máximo de execución do contrato o de CINCO MESES.

O contrato deberá formalizarse dentro do prazo máximo de 10 dias contados a partir do seguinte ao da notificación da adxudicación, previo cumprimento das obrigas previas establecidas nos Pregos de Clausulas Administrativas e prescicións tecnicas, e elevaráse a escritura pública cando o solicite o contratista, sendo á súa costa os gastos derivados do seu outurgamento.
A presente resolución será notificada ao adxudicatario definitivo e aos licitadores. Asimesmo, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 62 das Instruccions de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia.

Vigo, a 28 de maio de 2009.

Pablo Carrera Lopez
Director




Museo do Mar de Galicia.