Resolución de adxudicación provisional do contrato para a construcción dun modelo a escala do Beagle. Expte SUM/09/17


O órgano de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, dacordo co establecido nas Instruccións Internas de Contratación aprobadas polo Padroado de 26 de xuño de 2008 , vistas as ofertas presentadas a licitación e o informe de valoración de ofertas,

RESOLVEU

  1. Adxudicar provisionalmente o citado contrato a FRANCISCO FRA RICO, con DNI 33.307.800M e por un importe de CORENTA E NOVE MIL TRESCENTOS CINCUENTA EUROS (49.350,00 euros) que, co IVE correspondente ascende a un total de CINCUENTA E SETE MIL DOUSCENTOS CORENTA E SEIS EUROS (57.246,00 euros), IVE incluido.
  2. Establecer como prazo máximo de execución do contrato CINCO meses.
  3. Ordenar a publicación no perfil do contratante.

Vigo, a 25 de maio de 2009

O Director
Pablo Carrera López




Museo do Mar de Galicia.