Resolución de adxudicación definitiva do contrato de servizo de mantemento dos edificios e instalacións do Museo do Mar de Galicia. EXPTE SER/08/124


Con data 13 de marzo de 2009 o Órgano de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia resolveu adxudicar provisionalmente o contrato para o servizo de mantemento dos edificios e instalacións do Museo do Mar de Galicia, por procedemento aberto, a favor da empresa ACEUVE MANTENIMIENTO S.L.

Dende a publicación o día 17 de marzo no perfil do contratante da Resolución da adxudicación provisional, deuse un prazo de tres días hábiles establecido no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, para presentar a documentación correspondente e poder efectuar a elevación a definitiva.

Unha vez comprobada a presentación da devandita documentación en tempo e forma, o Órgano de contratación da Fundación e en cumprimento do disposto no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación

RESOLVO:

  1. Elevar a definitiva a adxudicación do citado contrato a favor da empresa ACEUVE MANTENIMIENTO S.L., con CIF B-36754471 e por un importe de CENTO SESENTA E DOUS MIL OITOCENTOS DEZ EUROS (162.810,00euros) que co IVE correspondente ascende a un total de CENTO OITENTA E OITO MIL OITOCENTOS CINCUENTA E NOVE EUROS CON SESENTA CENTIMOS ( 188.859,60 euros), IVE incluido.
  2. Establecer como prazo máximo de execución do contrato o 31 de marzo de 2011.

O contrato deberá formalizarse dentro do prazo máximo de 10 dias contados a partir do seguinte ao da notificación da adxudicación, previo cumprimento das obrigas previas establecidas nos Pregos de Clausulas Administrativas e prescicións tecnicas, e elevaráse a escritura pública cando o solicite o contratista, sendo á súa costa os gastos derivados do seu outurgamento.

A presente resolución será notificada ao adxudicatario definitivo e aos licitadores. Asimesmo, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 62 das Instruccions de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia.

Vigo, a 25 de marzo de 2009.

O secretario da Fundación
Xose Carlos Sierra Rodriguez




Museo do Mar de Galicia.