Resolución de adxudicación provisional do contrato para o servizo de mantemento dos edificios e instalacións do Museo do Mar de Galicia. EXPTE SER/08/124


O órgano de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, dacordo co establecido nas Instruccións Internas de Contratación aprobadas polo Padroado de 26 de xuño de 2008 , vistas as ofertas presentadas a licitación e o informe de valoración de ofertas, RESOLVEU

  1. Adxudicar provisionalmente o citado contrato á empresa ACEUVE MANTENIMIENTO S.L., con CIF B-36754471 e por un importe de CENTO SESENTA E DOUS MIL OITOCENTOS DEZ EUROS (162.810,00 euros) que co IVE correspondente ascende a un total de CENTO OITENTA E OITO MIL OITOCENTOS CINCOENTA E NOVE EUROS CON SESENTA CENTIMOS ( 188.859,60 euros), IVE incluido.
  2. Establecer como prazo máximo de execución do contrato o 31 de marzo de 2011.
  3. Ordenar a notificación da adxudicación provisional aos ofertantes e a publicación no perfil do contratante.

Vigo, a 17 de marzo de 2009

O Secretario da Fundación
Xose Carlos Sierra Rodriguez




Museo do Mar de Galicia.