Resolución de adxudicación definitiva do contrato para o servizo de asistencia técnica para o mantemento de organismos e instalacións do Acuario do Museo do Mar de Galicia. SER/08/86


Con data 19 de decembro de 2008 órgano de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, dacordo co establecido nas Instruccións Internas de Contratación aprobadas polo Padroado de 26 de xuño de 2008, resolveu adxudicar provisionalmente o contrato de servizo de asistencia técnica para o mantemento de organismos e instalacións do Acuario do Museo do Mar de Galicia, por procedemento harmonizado, a favor da empresa ALIART ENGINEERING, S.L., con CIF B-62208988 e por un importe de CATROCENTOS VINTENOVE MIL EUROS (429.00,00 euros) que co IVE correspondente ascende a un total de CATROCENTOS NOVENTA E SETE MIL SEISCENTOS CORENTA EUROS ( 497.640,00 euros), IVE incluido

Dende a publicación o día 19 de decembro no perfil do contratante da Resolución da adxudicación provisional, deuse un prazo de tres días hábiles establecido no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, para presentar a documentación correspondente e poder efectuar a elevación a definitiva.

Unha vez comprobada a presentación da devandita documentación en tempo e forma, en nome do Padroado da Fundación Museo do Mar de Galicia e no uso das facultades que para esta contratación atribúe o Acordo do Padroado de delegación de funcións de 26 de xuño de 2008, e en cumprimento do disposto no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación se Resolve:

  1. Elevar a definitiva a adxudicación do citado contrato a favor da empresa ALIART ENGINEERING, S.L., con CIF B-62208988 e por un importe de CATROCENTOS VINTENOVE MIL EUROS (429.00,00 euros) que co IVE correspondente ascende a un total de CATROCENTOS NOVENTA E SETE MIL SEISCENTOS CORENTA EUROS ( 497.640,00 euros), IVE incluido.
  2. Establecer como prazo máximo de execución do contrato o 31 de decembro de 2010.

O contrato deberá formalizarse dentro do prazo máximo de 10 dias contados a partir do seguinte ao da notificación da adxudicación, previo cumprimento das obrigas previas establecidas nos Pregos de Clausulas Administrativas e prescicións tecnicas, e elevaráse a escritura pública cando o solicite o contratista, sendo á súa costa os gastos derivados do seu outurgamento.

A presente resolución será notificado ao adxudicatario definitivo e aos licitadores. Asimesmo, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 62 das Instruccions de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia.

Vigo, a 31 de decembro de 2008

O Secretario da Fundación
Xose Carlos Sierra Rodriguez




Museo do Mar de Galicia.