O día 12 de maio convidamos a Asociación de Redeiras Profesionais de Cangas “O Cerco”, a participar nos Faladoiros do Museo do Mar de Galicia.
Unha vez máis recibimos no museo a un colectivo de profesionais do mar nun espazo creado para o encontro, o debate, onde o museo ademais fai de ponte entre as profesións vinculadas co mar e a sociedade.
As redeiras son consideradas como profesionais do mar desde que comezaron a asociarse e a reivindicar a regulamentación dos seus dereitos como traballadoras, xa entrado o s. XXI, ainda que o seu traballo está ligado desde sempre a actividade pesqueira.
Museo do Mar de Galicia.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
contacto