Inauguración da exposición do III CERTAME DE ARTE INTERNACIONAL "PLASTIKA 19”


CANDO: Martes 3 de decembro de 2019
HORA: 19 horas.
ONDE: Sala de exposicións temporais do Museo do Mar de Galicia.

Nesta exposición poderán ver as 30 obras seleccionadas polo xurado do CERTAME DE ARTE INTERNACIONAL “PLASTIKA 2019”.

Este certame é unha importante cita no eido da creación contemporánea en Galicia, unha mostra internacional, multidisciplinar e multixeracional, de gran calidade artística e estética, que ofrece a oportunidade de apreciar o traballo dun importante número de creadores e creadoras contemporáneos/as.

A mostra poderá visitarse TOTALMENTE DE BALDE, no espazo adicado ás exposicións temporais do Museo e permanecerá aberta ao público do 3 de decembro de 2019 ao 11 de xaneiro de 2020 no horario de apertura habitual do museo




Museo do Mar de Galicia.