12 NOVEMBRO 2019. APERTURA nova exposición temporal. GOTAS DE AGUA CON GRANELL.


  • Cando: martes 12 de novembro
  • Hora: 20:00
  • Lugar: Sala de exposicións temporais do 2º edificio do Museo do Mar de Galicia

Este martes 12 de novembro terá lugar a apertura desta nova exposición comisariada por Natalia Fernández Segarra, Directora da Fundación Eugenio Granell, na que se amosarán diversas obras pertencentes a Fundación Eugenio Granell, onde a auga funciona como temática, tanto polo seu peso simbólico na cultura e na arte, como pola grande importancia para a vida en Galicia.

Na exposición poderán ver obras do propio Eugenio Granell, así como do seu irmán Mario Granell, de Amparo Segarra, Philip West, Fernández Molina e outros artistas representativos do movemento surrealista como Marcel Duchamp, entre outros e outras.

A exposición poderá visitarse *dende o 12 de novembro de 2019 ata o 12 de xaneiro de 2020 no horario de apertura habitual do museo




Museo do Mar de Galicia.