CONCERTO PAOLO LATRONICA


Cando: SÁBADO 9 de NOVEMBRO
Hora: ás 12:00
Onde: no 2º edificio do noso museo
Prezo: totalmente GRATIS

Paolo Latrónica é hoxe un dos nomes de referencia da nova xeración cantautores uruguaios e un dos artistas máis respectados no panorama da canción de autor nacional.

Agudo produtor, inquieto artista, o seu estilo auténtico e persoal, achega a canción de autor ao tango, a bossa nova ,o candombe ou o reagee, sempre co pano de fondo do rock.

Traballou xunto a RULO Y LA CONTRABANDA, PRESUNTOS IMPLICADOS, ARIEL ROT, TONTXU, DANIEL DREXLER, XOEL LÓPEZ ou EL BICHO ou FLACO JIMÉNEZ.
Se queredes escoitar algunha das súas cancións podedes facelo nos seguintes enlaces:
ANTOLOGÍA DEL BESO
DEMASIADO VIVO




Museo do Mar de Galicia.