Apertura da exposición temporal. O CAMIÑO DO HUMOR. DAVILA.


  • Cando: mércores 6 de novembro
  • Hora: 12:30
  • Lugar: Sala de exposicións temporais do Museo do Mar de Galicia

Este mércores terá lugar a apertura desta nova exposición onde o humor é o protagonista grazas ás viñetas do ilustrador e humorista galego, Luis Davila, coñecido polo seu traballo “O Bicheiro” no Faro de Vigo.

A apertura contará coa oportunidade de poder ver como este ilustrador realiza en vivo e en directo unha das súas viñetas, ademais de poder sacarse fotos nun moi especial photocall.

A exposición poderá visitarse TOTALMENTE DE BALDE dende o 6 de novembro de 2019 ata o 12 de xaneiro de 2010 no horario de apertura habitual do museo




Museo do Mar de Galicia.