Do 4 de Decembro de 2019 ao 6 de Xaneiro de 2020 terá lugar no noso museo o III Certame de Arte PLASTIKA19.
Este certame está convocado por Apo’ strophe, Asociación Cultural sen ánimo de lucro, que nace en 2013 creando Apo’ strophe.arte no CC Praza Elíptica de Vigo, co propósito de ofrecer aos artistas un espazo expositivo en Vigo onde poder mostrar a súa obra. Así mesmo ofrécese para a presentación de proxectos literarios ou musicais, realización de conferencias ou faladoiros e de calquera outro evento que contribúa a dinamizar a actividade cultural.
O certame dará a oportunidade ao/a artista gañador/a de realizar unha exposición individual en Apo’ strophe.arte, cubrindo a asociación os gastos de montaxe, cartelería, vinilos, xestión de prensa e redes sociais, cátering e atención á sala.
Se queredes ver as bases e a solicitude podedes facelo neste ENLACE
Museo do Mar de Galicia.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
contacto