INAUGURACIÓN nova EXPOSICIÓN TEMPORAL "Ondas do mar de Galicia. Faros e paisaxes mariñas" de Ricardo Grobas.


  • CANDO: Venres 14 decembro 2018
  • HORARIO: 19:30
  • LUGAR: Sala de exposicións temporais do 1º edificio do Museo do Mar de Galicia

Nesta exposición poderán ver unha mostra de fotografías realizadas polo actual xefe de fotografía do xornal Faro de Vigo, Ricardo Grobas, gran fotógrafo galego que ocupa o seu tempo libre fotografando as paisaxes de Galicia e, en especial, da nosa costa.

Ricardo Grobas nos amosa en fotografías de gran formato a costa galega, cos seus faros, praias e acantilados, fotografías algunhas delas feitas dende o ceo coma se dun paxaro se tratara.

As persoas asistentes á inauguración deberán confirmar asistencia antes do 13 de decembro no 986247750 ou no mail info.museodomar@xunta.es (en horario de 10 a 14h e de 17 a 19h)




Museo do Mar de Galicia.