INAUGURACIÓN nova EXPOSICIÓN TEMPORAL “VIA IACOBITANA. OS CAMIÑOS DE SANTIAGO EN GALICIA”


  • Cando: venres 19 outubro 2018
  • Horario: 12:30
  • Lugar: Sala de exposicións temporais do 2º edificio do Museo do Mar de Galicia.

Trátase dunha colección de fotografías sobre o Camiño de Santiago realizadas por fotógrafos galegos que se converteron en peregrinos para plasmar a súa visión particular e as sensacións que lles suxire a Ruta Xacobea.

A través das imaxes que se expoñen poderase contemplar o Camiño de Santiago dende diferentes ópticas, disfrutando das paisaxes cambiantes por mor da época do ano, da luz ou dos protagonistas das imaxes.

A exposición é gratuíta e permanecerá aberta ata o 25 de novembro no seguinte horario:

  • De martes a venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00
  • Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00




Museo do Mar de Galicia.