Inauguración exposición temporal “GOYANES. UNHA ESCOLMA PICTÓRICA”


  • Cando: venres 28 setembro 2018
  • Horario: 20:00
  • Lugar: Sala de exposicións temporais do Museo do Mar de Galicia.

Este venres inaugúrase a exposición temporal deste artista monfortino, importante representante da plástica galega, que desenvolveu unha parte da súa dilatada vida artística ao abeiro da Autoridade Portuaria da cidade de Vigo, motivo polo cal atópase entre as súas obras máis coñecidas as columnas do Berbés que flanquean o acceso ao Porto de Vigo.

A mostra componse de 52 obras entre pintura e maquetas que abranguen dende as primeiras obras en Vigo realizadas no 1968 ata as últimas realizadas no 2017.

A exposición é gratuíta e permanecerá aberta ata o 25 de novembro no seguinte horario:

  • De martes a venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00
  • Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00




Museo do Mar de Galicia.