Grandes cubos iluminados que suxiren contedores de mercadorías portuarias conforman a exposición permanente do segundo edificio, na que podemos ver documentos de vídeo e audio, pantallas interactivas e obxectos orixinais relacionados coa historia da pesca. Pero o Museo do Mar non só é a colección permanente: explora tamén as exposicións temporais.
O Museo do Mar de Galicia, como institución que investiga e divulga, está a traballar en ambiciosos proxectos en colaboración con outros organismos como A memoria do mar, o proxecto Neuston ou o encontro de embarcacións tradicionais de Galicia.
Este ciclo, que percorre diferentes lugares da provincia de Pontevedra levando música vocal “a capella” con acompañamento instrumental, traerá ao noso museo á vocalista Paulina Ceremuzynska, que estará acompañada por Manuel Vilas tocando a arpa románica, interpretarán “Don tristán en Hipania”, un proxecto adicado a figura de Tristán na lírica medieval galega.
A escritora Elba Pedrosa e os músicos Álvaro Iglesias máis Xosé Liz, levarán a cabo no noso museo este espectáculo no que, baixo o título de “Des a mar ultrasónico”, establecerán “un diálogo” entre versos e música interpretada por instrumentos como a zanfoña, frauta traveseira ou contrabaixo, todo ilo centrado no tema da dor polo amor que remata.
Aquí podedes ver unha reportaxe sobre o espectáculo e os seus protagonistas
Chega o mes de MARZO e con el unha nova oferta de actividades.
Para consultar as actividades CLICKAR AQUÍ
Para participar deben RESERVAR (as reservas deben realizarse cun día de antelación mínimo).
INFORMACIÓN E RESERVAS: de martes a sábado de 11:00 a 14:00 horas en el 98624770580.
Entrada gratis
Chega o mes de MARZO e con el unha nova oferta de actividades.
Para consultar as actividades CLICKAR AQUÍ
Para participar deben RESERVAR e PAGAR a ENTRADA do MUSEO, excepto no caso da visita guiada á exposición temporal.
INFORMACIÓN E RESERVAS: de martes a sábado de 11:00 a 14:00 horas
no teléfono 986247750.
As reservas deben realizarse cun día de antelación mínimo.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar